Pá
               
   

Esta é unha foto do pobo da espasa,no Concello de Chandrexa de Queixa, (Ourense). Está situado no macizo central ourensano, na zona alta da cunca do río Navea a uns 950 mts. de altura.

Esta web é unha pequena homenaxe do seu autor ó pobo, que un día o viu nacer. Non pretende ningunha fin mais ca dar a coñecer o pobo e as súas xentes a través diste medio que permite, dende calqueira sitio, poder acceder ós seus contidos.

A espasa divídese en tres partes, xa que non se lle pode chamar barrios, a saber de arriba a abixo: O Rigueiro, A Carreira e O Eido de Abaixo. Todos eles sumaban na miña nenez unhas 17 casas habitadas que, co paso dos anos, fóronse reducindo ata as 11 ou 12 actuais.

As casas están construidas en pedra do país, e maiormente cubertas con louxa tamén do país anque, recentemente, algunhas que se van facendo novas e outras que se arranxan, xa empregan outros materiais.

 

 
           

Foto aérea ou satélite (non o sei moi ben) do SigPac, o servidor do Ministerio de Agricultura.

Nela pódese apreciar con moita claridade o total do encoro e os pobos do arredor.

Asimesmo e, a pesares dos incendios caseque todos intencionados, que nos derradeiros anos viñeron asolando a comarca, pódese apreciar aínda o abondoso da vexatación. A natureza sobreponse ós desmáns dalgúns e danos exemplo de comportamento e de superación.

É de agardar que ademáis do encoro e dos incendios, outros perigos amenazarán o medio ambiente da nosa zona. Veneme á memoria os aeroxeradores: as eléctricas están agardando coma buitres a que chegue alguén que lle allane o camiño para escoemnzar a facer desbarradas alegando a grandeza e a bonanza dos seus plans que solo a elas beneficiarán.

Deberemos estar "co ollo aberto" e defender a riqueza da paisaxe, que é do pouco que nos queda.

 
           

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTO AEREA DA ESPASA.

 
Outro mapa, iste sacado do Google.
 
1