Pá
                                 
 

 

 

 

 

 

Esta é a xenciana. En queixa tamén se lle chama "sanciana", unha herba moi importante e que os vellos de antes tomaban para diferentes remedios mediciñais.

Lembro aínda o seu sabor intensamente amargo. Para tomala había que ter bó peito.

Esta herba aparece no recente escudo do concello de Chandrexa de Queixa.

   

Como esta nosa terra é un auténtico paraiso natural, debemos saber que por aquí temos moitas e variadas árbores propias da zona. Non vou facer un estudio profundo da flora, pois eso correspóndelle á xente que a eso se adica; o que sí podo é nomear algúnhas das máis representativas árbores entre as que andiven de cativo:

Carballos, bidueiros, padrairos, salgueiros, escambrós, freixos, uces, xestas etc.

Todas estas especies, cando chega a primaveira, enchen o monte e a paisaxe de dunhas cores explendorosas e cheas de vida e vitalidade. Do mesmo xeito, acontece cando entramos no outono, compoñen un cromatismo espectacular.

             
     
A FAUNA
         
             
         
O LOBO
               
   

O lobo foi sempre, por estas terras, o depredador por antonomasia. Dominou sempre os montes do Macizo Central e as súas "andanzas" e ataques aos gandos, tanto vacas coma cabras e ovellas, eran bastante habituais.

Debido ás poboacións abondosas, sobre todo de corzo e algúns outros cérvidos nos montes dos arredores, incluíndo os cercanos Montes do Invernadeiro, fixeron que o lobo fora tradicionalmente moi abundante e que a xente lle tivera moito respeto e loitara contra él con tódolos medios ó seu alcance.

Para elo, en case que tódalas casas, había un bó can, xeralmente un mastín, ao que se lle poñía un colar cuns clavos afiados de punta para fora, que se chamaba carrancas e, que tiña a finalidade de, caso dunha pelexa do can coa fera, o primeiro estuvera protexido nunha parte vital do seu corpo.

Tamén se daban algunhas batidas durante o ano e, se alguén mataba un exemplar, sobre todo se era unha femia preñada, iban polos pobos pedindo coa cabeza do lobo espetada nun pau e a pel envola nel. Solíanselle dar ovos ou cartos.

                         

Cando as poboacións de corzos e outros animais salvaxes, escaseaban ou a caza se facía imposible, sobre todo no crudo inverno, o lobo baixaba ós pobos e, sempre que podía atacaba os rebaños de ovellas e cabras que estaban no monte. Como anécdota direi que eu mesmo, xunto con outros rapaces, fomos testigos dun ataque a unha porca con ranchiños a carón dunha casa e como se levou un marrauciño.

Asimesmo, lembro que algún ano, cando o gando durmía no monte no verán, supoño que unha manda de varios exmplares, mataron unha vaca grande e comeron parte dela.

Naquelas ocasións, cando mataban algún animal e nono comían todo, os homes iban a "velar" o lobo de noite coas escopetas.

Todas "as velas" que eu lembro, nunca deron resultados positivos, é de supoñer que a manada xa estaría noutro sitio.

 
                         
       

OUTROS ANIMAIS SALVAXES

       
                         
   

Dentro dises outros pequenos animais, coido eu que o seguinte no escalafón é o zorro. Diste carniceiro había que velarse coas galiñas, coellos, e incluso años pequenos. Escurridizo, intelixente e ousado, non dubidaba e facer incursións nos galiñeiros -onde mataba todo o que alí houbera- nas cortes, palleiras etc. Unha miña tía-aboa de Suspiazo pillou un no forno do pan dentro da súa casa.

Naturalmente, nun entorno como iste, había garduñas, denizuelas, gatos salvaxes, lontras etc.

Non debemos esquecer os paxaros, moi abundantes e que, dende a poderosa aguia, que eu situaría no cume das aves, pasando polos pombos, gaios, perdices, paspallás, corvos, pegas, estorniños etc. etc deica ao máis miúdo diles, o carrizo, dominadan as carballeiras e os montes de Queixa.

Abundaban os reptís, lagartos verdes e grandes, víboras e cobras. Éstas últimas, sempre gozaron dunha inmerecida fama de malignas e, como a xente, na súa ignorancia da especie, pensaba que eran venenosas, xeralmente dábanlle morte se as vían.

Teño visto exmplares realmente importantes en tamaño (cerca de 1,5 mt.) que agora non se ven. Debo decir que nunha recente visita ao Parque do Invernadeiro, para a miña sorpresa e ledicia, observei un exmplar de serpe de tamaña estimable. Coma as de antes.

Podería seguir falando de outros moitos animais: sapos, troitas etc. etc., pero esto non a finalidade desta web.

 
1