Pá
               
   
COLABORACIONS
   
               
   

Estas pequenas historias e reflexións, sairon da cachola do meu amigo Gonzalo, gran amante e coñecedor de Galiza, anque non naceu nas terras de Queixa, senon en Caldelas, desenrolou a súa profesión algún tempo por estas terras e tivo a ben deixar aquí a súa opinión sobor do aturuxo (en Queixa chámaselle Arrulo), tamén das queixalás que ían coller ás castañas á Encomenda, así coma doutras varias cousas.

Graciñas, Gonzalo.

   
               
     
O ATURUXO
       
               
 
Dende sempre se soupo que o aturuxo foi i é un sonido que emiten os galegos en determinadas circunstancias como para indicar o lugar no que se atopa a persona que desexa ser oida, pero tamen na volta do traballo , no regreso das festas e foliadas ou cando petaba. Na miña infancia ourensá, somentes oin aturuxar o final dalgúnha cántica dos coros tradicionales e folcloricos.
Nembargantes cando residin por un tempo nas terras montañesas de Trives, asombroume que todo-los mozos dos pobos sabían aturuxar.Mais ben eran cousas de homes pero posiblemente algunha moza se atrevese a facer o mesmo.
Era, e coido inda será, un berro tradicional galego e personal, e decir cada quen faciano ó seu xeito, según as suas forzas, edade e personalidade. Surxindo asi aturuxos largos e suaves ou con tonos mais fortes e cortantes . Casi todos remataban en uns como gorgoritos que recordaban os cantos do Tirol..
Gracias a estes mensaxes as mulleres sabían donde estaban seus maridos ou fillos i si era o momento de poñer as patacas a cocer , quentar o caldo ou encender o lume para se quentar no intre de chegada ou volta do traballo.e as mozas solteiras si era o momento de coller a ola cara a fonte.
En según cal ocasión podia tamen ser un berro desafiante que distingia os dun lugar ou pobo como si se pedira pelexa ou respeto.
En definitiva que podía ter multiples usos pero en xeral era festivo..
O que escribiu estas letras temen aprendeu a aturuxar mais saía un berrido feble e mal acompasado polo que non abusei do seu uso
O orixen do aturuxo pode que sexa tan antergo como a aparicion do home na Galiza. Cuio orixen non é de tratar nesta nota nin tampouco outros expresions semellantes noutras comarcas ou pobos extranxeiros.
Tampouco se trata, nesta escrita, de facer un estudio exhaustivo deste fenómeno xa que doutores ten o noso pais que saberán respostar...Soamente expresar o meu profundo cariño por esa comarca e as suas xentes.
O Gonzalo
 
               
    SER DONO DUNHA ÁRBORE      
               
 

Alá polos anos 60 do século pasado, un servidor vivía e gañaba o pan no pobo da Encomenda perto de Trives.Un día calquera , polo outono, chamou a miña atención un agradable son coma de pasos quedos, risas, marmurios que me fixo pensar que pasaba xente nova por alí cerca; ó asomar vin e seguín oíndo a un grupo de mulleres, todas mozas, e que querían como saudar a todo o pobo.

Despois de indagar cos vecinos e cas mesmas mozas soupen que viñan á recolleita das castañas que levarían ás súas casas aló na montaña. (A Encomenda está en zona montañosa pero dícese que son da montaña os que están ainda máis arriba.)

Eu solo vin mulleres, sempre co sorriso na boca e amabilidade no seu falar, sempre xuntas e non de moito parolar.

Soupen polos vecinos que estas mozas viñan daló de Queixa ou por aló arriba e viñan á recolleita do froito dos seus castaños pero só posuían os castaños xa que o terreo non era necesarimente da súa propiedade.

Pasado o tempo da recolleita, íbanse ós seus pobos, non sin deixar suspirando a algún mozo do lugar.

Eeu sempre matinei se estas mozas ou máis ben as súas familias terían algún documento de propiedade sobre estas árbores, e qué relación terían en caso de conflicto co dono da finca. Esta sería unha clase de propiedade única desta comarca.

Naquel intre non se soupo de conflictos polo feito de recoller as castañas ou de molestias polo paso de persoas ós soutos.¿Tería algo que ver nesto a exquisita amabilidade das mozas?

Naquel tempo había moita mocedade nos pobos, e surxe esta pregunta ¿seguirán baixando á recolleita da castaña as mozas da montaña, e aínda ésta outra ¿seguirá habendo castaños? Ou ¿as lapas rematarían con estas costumes, neste ano desastroso para a nosa terra?

Esta pequena historia esta envolta na nostalxia de tempos pasados e posiblemente chea de erros e inexactitudes; quen se decate delas que engada a sua opinión de seguido. E mentras tanto eu lles mando o meu agarimo ás terras montañesas e ás súas xentes que dende sempre viviron nelas.

O Gonzalo

 
               
   
O TRABUCO AMOROSO
     
               
 

Daquela habíache moita mocidade nas parroquias e aldeas da nosa terra. E tamén , é ben certo, que dende moi antigo houbo sangrante emigración neste pais noso, pero deseguida se recuperaban estas ausencias con novas xeracións de galeguiños que ós poucos anos eran mozos e mozas.

A xente nova en conxunto e en abstracto decíaselle " A MOCIDADE". Grupo humano moi heteroxeneo no que se incluía, en xeral, ós mozos e mozas, de poucos anos, solteiros e sempre ledos. Gozaban de boa consideración entre os veciños anque fixeran de cando en vez algunha falcatruada, "cousas da xuventude" decían. Atribuíaselles opinión propia e así se decia: "este cura caelle moi ben á mocidade" ou "a mocidade quere a festa no adro", etc...

Bueno, que eran homes e mulleres pero cunhas carecterísticas que hoxe en día non se darían, pois convivían dende moi nenos como veciños e formando parte da parroquia, ou sexa: vínculos familiares, de amizade, de xogos, de ir á escola etc. Conocíanse entre sí, os seus antergos, os seus curmáns, as súas amizades. De mozos ían e viñan xuntos das romarías, festas e fiadeiros, en fín, xuntos facían as súas bromas. É dicir que era un grupo humán moi coexionado o cal non excluía algunhas liortas pero de pouco fuste pero esto eran "cousas da vida"

Así mais o menos pasaba nos nosos pobos...

Pero un domingo pola tarde...Un xoven descoñecido atravesa a parroquia para botar unha parrafada con....¿E quén che será? Oes ¡Venlle facer as veiras a...? ¡Pois nesta parroquia non entran ningún jicho con esta fachenda! ¡E por enriba vén pola millor!¿De onde virá? ¡Qué caladiño o tiña!, pois sexa quen sexa , neste pobo sempre se pagou un trabuco por levar unha moza deiquí! ¡e non pouco, catro ou cinco convidadas para tódolos mozos! ¡E con algo que rillar!. E se non cumple coa tradición ó millor tropeza cun cantazo ó pisar a parroquia! E ditos aínda máis exaxerados se decía nas bodegas e camiños, ata chegar o momento de falar co pretendiente.

O foráneo pretendiente endexamais se negaba a pagar o que fora ¡faltaría máis! ¡ as veces que fagan falta! e si hai que recuncar recúncase! Non se presume de casa boa, pero ben...! Ó final pagaba un neto de viño aos presentes e algunha vez pagou dúas xarras ...e ahí remataba o trabuco..¡.E non sabedes quén é! Sí oh sí éche curmán de ...da casa de... no pobo de...e vai moito por...Un novo veciño que é ben recibido ou unha veciña que se vai, que de todo se deu neste noso país.

O Gonzalo

 

 

O TRABUCO AMOROSO 2

¿I elas, as mozas, que facían?. Elas, casi todas, xa sabían que a ...gústaballe un mozo que coñecera na feira de..."Éche moi xeitoso e traballador", dicía a pretendida ,tamén é "agarimoso e nada prosmeiro" un pouco inquedo de mans e algún defeuto máis pero xa se sabe que os homes...Nunca se soupo que se falara algunha vez de que os mozos foráneos pagasen algún trabuco. Máis ben, dicían as malas lenguas, que cobizaban que viñesen máis...I é que as mulleres, na nosa terra sempre tiveron unha mentalidade máis aberta cos dereitos humáns.

O Gonzalo

 

 

UN SIMBOLO DA INQUISICION EN OURENSE

Dende sempre a sola mención "La Inquisición", "El Santo Oficio", "El Tribunal de la Inquisición" etc, despertou en min curiosidade,diferente según o discurrir dos anos; e así,  chegou un tempo en que escomencei a buscar nas rúas i en edificios antiguos o escudo ou símbolo desta institución que tanto deu que falar e escribir a través dos anos e que moitos padeceron.
      Pasaron anos e nunca vin ningún escudo da Inquisisción Española, consistente , según puden ler en diccionarios e enciclopedias, nunha espada que significa o castigo pro que delinque e unha rama de oliveira que simboliza o perdón pros que se arrepinten; na maioria das veces leva debuxada unha cruz entre a espada e o ramallo, pero non sempre, e finalmente tamén soe rematarse todo cunha coroa real. Hai variantes que non ven o caso detallar polo miudo, o que sempre está presente é a espada e mais o ramo o cal nalgunhas ocasions se estiliza hasta parecer unha palma ou unha pluma de ave. En América hai moitas variantes.
      Nunha ocasión, ó visitar un museo da ciudade de Murcia, no dintel da porta principal, alí estaban a espada máis o ramo,sendo a primeira vez que vin o símbolo a Inquisición nun edificio público e ben visible, por suposto que o edificio citado tivera noutro tempo diferente cometido. ¡Fálovos de ai moitos anos xa¡ Nono voltei a ollar máis a pesares da influencia que tivo i os seculos que estivo vixente. Agora me lembro que son miope e pode se me escapara algún diante dos ollos.
      En Madrid, no que foi “Palacio del Tribunal de la Inquisición”, non reparei en ningún símbolo nin escudo que recordase a sua antigua función. Coido que, cando foi suprimida a Inquisición, aló polo 1820, foi borrado todo o que recordase esta institucion político-relixiosa, como pasa nestes días coa simboloxía do anterior réxime.
      A Catedral de San Martiño de Ourense é ben fermosa. É certo que tén engadidos e faltas polos avatares da historia, pero tén outros méritos ben visibles; unhas veces reparas na grandiosidade do edificio si o comparamos co tamaño da cidade noutros tempos; ves un dragón, un relieve, unha seña de canteiro que non reparaches nela a pesares de haber pasado por alí unha chea de veces... e así foi como me decatei, na capela chamada dos Armada, debaixo do relevo da "Conversión de San Pablo", no frontal do altar, primorosamente esculpidos a espada e mais o ramo. Ámbolos dous, a espada e máis o ramo, están xunguidos por un gracioso lazo, dentro dun espacio oval que deixa unha tira entrelazada, dun xeito moi decorativo.Velaí o que me costou tanto atopar.
      Nunca vin na Galiza ningún outro símbolo da Inquisición, pero tén que habelos xa que tivo moita presencia, durou moitos anos. Claro que eu non coñezo toda Galiza, nin sei si teño ó meu carón algún sin eu decatarme. Se sabedes dalgún máis, pois escribide e coñeceremos millor o noso pais

O GONZALO

 

       
A RUTA DAS CRUCES OURENSÁ  ( PETROGLIFOS )
 
A pedra é un material de construcción moi apreciado pola sua dureza, poder de aislamentro, beleza, e inalterabilidade, unha casa de pedra “e pra sempre” decíase. Con decir que na Edade da Pedra se fixeron os dolmens e menhires e ainda están no mesmo lugar, si os homes no nos cambiaron. E ainda mais cousas se poden decir en loubanza da pedra pero que nesta ocasión  non  desarrollamos.
   A cidade do  Ourense  tivo e ten sona pola abundancia  de  casas de pedra ainda que na actualidade xa non se fan como fai moi pouco tempo. No chamado “Casco Vello” a pedra de granito vese por todas partes: nas casas, no chan das rúas, nas paredes, nas fontes, nas pontes, nos pazos, nas igrexas e conventos, e a sé catedralicia semella unha montaña de pedra artísticamente disposta.
   Sin cometer unha herexía podese decir que a pedra en indestructibile, pra eternidade. Cando se desea facer algo que dure sempre recurriuse a pedra, si se ten disponible e si non se ten disponible e se teñen medios consiguese transportándoos e algunhas veces de ben lonxe. Os poderosos intentaron deixar edificacions, estatuas, estelas de pedra para que suas fazañas se souperan con posterioridade ó seu pasamento. As pirámides de Exipto,  Tikal, Ankor Wat, foron construidas para que durasen a través dos séculos.
   O mármol e algún outro material terían a mesma funcion e pasaríalles o mesmo.
   Pero a estas louvanzas a pedra podemoslle engadir outra: é reutilizable e decir cunha pedra dun pazo pode volver a facer unha funcion parecida nun templo ou no chan dunha cociña dun pobre.
Solo pola reutilización podese comprender a absoluta desaparicions de alguns monumentos, castelos, pazos, etc con inscripcions ou sin elas. Y en Galiza hay ben exemplos.
   Todo o antedito ven ó caso para a rúa do título deste escrito. No casco vello de Ourense, unha vez vistas e admiradas a cousas de interés que posue, dimpois,  e si hai interes polas pedras antiguas e cousas con aquel de misterio e de historia paralela, vaise pola rúa Pena Vixia, vendo edificacions ben interesantes ( o pazo dos bispos) i o chegar a praza de San Marcial pois é ahí donde escomenza a chamada,  polo que escribe estas liñas, “A ruta das Cruces”, por mor da abundancia de cruces gravadas nas pedras.
   A rúa Pena Vixía cruza a Praza de San Marcial; ambalasduas estan xunguidas por duas rampas con muros de contención de cara o medio da praza. Na mesma rúa de Pena Vixía, aproveitando o desnivel do citado muro co chan,no parapeto, tópanse uns asentos  que limitan a rúa por ese lado. Somentes que se mire pros ditos sentadoiros ollaranse moitos buratos que nos falan doutros usos; moitas cruces e inscricions de non doada lectura e outros signos de difícil descrición, si seguimos pola rúa veremos aínda gravacións nas paredes das casas, xeralmente cruces; a rúa forma unha plaziña de “Pena Vixía” a cal compre ollar con atención.
   E pásase a rúa chamada Julio Prieto Nespereira, e nesta anterga rúa veredes cruces e outros gravados por todas partes pero donde se chega o paroxismo emocional e nas casas nº 26-28.
   Andando e ollando chegamos o Xardín do Posío, lugar con moita historia e historias , non sempre bucólicas. Si se pescuda nas pedras dos basamento e pilares exentos que forma parte da verxa que rodea todo o xardín, toparemos unha chea de cruces ben gravadas e outros signos e restos de inscripcións borradas adrede ou ben o tempo o fixo.
   E xa cansos de ollar tanta cruz , tanta inscripción, tantas raias, o sair pola porta casi monumental que da o Instituto de E.M., tropezamos con un monolito de medio metro de altura, que pasa casi desapercibido e con inscripción moi borrada polo desgaste..
    No percorrido abundan as cruces grabadas chamadas latinas, algunhas con un triangulo de base e con algunha complexidade mais, tamen hai cruces gregas de brazos iguales. Algunhas cruces teñen os brazos rematados en “ T “, en outras os brazos o seu remate desdoblanse en dous formando semicirculo, en outros casos unha liña curva une o remate do brazo horizontal co remate do brazo vertical.En xeral todas ben marcadas e labradas por persoa adestrada.

   Aparecen tamén palabras semiborradas e letras soas. Outros signos, digamos, raros son doadamente ollados. Señales de canteiros…
   Os musgos e líquines dificultan a lectura e visión destes mensaxes. Según a qué hora do día distinguirase millor ou peor.
   ¿De dónde trouxeron estas pedras? ¿Dalgún cimiterio? ¿Dalgunha ermida derruida? ¿Das torres esborralladas do Curral do Bispo? ¿Do Castelo Ramiro? ¿Son graffitis dos nosos antergos? Moitas preguntas que alguén sabra contestar.
   Duns anos a esta parte, moitas casas do “Casco Vello” están sendo derribadas. ¡Unha mágoa! cada pedra que se move un anaco da nosa historia que se perde, unha miga do noso patrimonio que nunca se recuperará.
   Ourense, 9 de decembro de 2006.

O Gonzalo.   
 

 

  
   
  

 
        

 

 
               
1