Pá
 
AS VACAS
 
         

A Marela, a Redonda, a Gacha, a Castaña, a Linda, a Roxa…son algún dos nomes  que eu lembro das vacas da miña casa.
Cando eu era pequeno -xa fai ben tempo deso- as vacas eran sostén principal da economía da casa. Case todo se desenvolvía arredor delas.
Elas daban os becerriños, o leite, e o non menos importante, o traballo, que era principalmente o de andar ó carro, arar, gradar etc.
Tamén se obtiña delas o esterco, abono fundamental , insuperable, e biolóxico para as leiras lemeiros hortas etc.
Debo decir que tamén daban o seu traballo xa que había que botalas para o monte tódolos días, agás se nevaba ou estaba un día moi malo. No pobo da Espasa, así coma nos do arredor, case tódalas fincas eran cerradas con balados de pedra, polo que, salvo que houbese que traballar nas fincas, non era preciso estar con elas todo o día. A eso chamábaselle parar as vacas no monte. Cando se iba con elas, para estar todo o día no monte, se era nas fincas de lonxe, levábase a merenda, cando era o tempo frío prendíase o lume e asábamos o chourizo e o torresmo, ¡qué ben sabía!
Cando íbamos coas vacas era cando non había que ir á escola, xa que a asistencia  á mesma, alomenos na miña casa, era inexcusable. Normalmente sempre había contactos cos outros rapaces o día antes, xa sabíamos para onde iban ir eles coas vacas, e cando era así tratábamos de influenciar ós nosos país para ir para as Lagoas ou para a Veiga e ter troula, anque non sempre se conseguía.
Os currales eran todos sobre as pedras e as vacas dormían sempre enriba do esterco, estrábaselle o curral varias veces ó ano con xestas e despois, a diario, con palla.
Cando chegaban á noite, había que ir tirar un par de feixes de herba –aínda non existían as pacas nin os rollos- e púñaselle no seu canto a cada unha. Parece que aínda escoito as chocas e as esquilas que sonaban mentras nós cenábamos enriba delas. Despois, cando xa remataban a herba e as persoas se deitaban o son das chocas e esquilas era máis tenue, como correspondía o romeo que xa elas facían case sempre deitadas.
Outra cousa que había que facer polas noites e polas mañás, era botarlle os becerriños a mamar e, se era preciso para o consumo da casa ou para facer queixo, muguilas.
Como digo arriba o sitio de cada vaca chámase (aínda) o canto, cando entraban no curral cada una iba ó seu sen dubidalo. Alí prendíanse cunha cadea de ferro sempre arredor dos cornos e os becerriños ó pescozo.
Debido á frondosidade do terreo e á amplitude de moitas fincas, as vacas levaban una choca ou una esquila, se alguna se despistaba era máis doado a súa localización. No tema das chocas había una verdadeira teima por ver quén tiña a que millor tocaba e había un mercadeo con elas chegando pagarse bastante diñeiro por algún exemplar. Cando tiñan máis utilidade era cando moscaban no vrau ou cando alguna desaparecía dondas outras e, ao chegar os rapaces sin ela á casa, iban os maiores de noite a buscala.
Como xa dixen, as fincas eran case todas cerradas, polo tanto cando era no brau, as vacas durmían fora, con eso conseguíase que paceran pola fresca, e nas horas de máis calor estaban á sombra nas cortes. Levábanse á noitiña á finca, lameiro, tapada etc, e íbanse buscar pola mañá. Se se tardaba máis do debido en ir por elas, en canto apretaba o calor, xa se viñan solas para a casa. Eso había que tratar de evitalo xa que se se atopaban coas dos vecinos, sempre había pelexas.
Algunhas veces morría unha vaca e eso sempre era una perda moi importante para a casa onde sucedía. Tamén lembro que alguna vez partía unha pata unha vaca, ou caía por una fraga, nise caso sacrificábase e os vecinos todos e cada un, anque non tivesen necesidade dela, levaban unos kilos de carne pagándolla ó dono da vaca para, dentro do posible, mitigar a perda.
Tamén se levaban ó boi cando estaban en celo. Nalgunhas casas, as máis podentes, tiñan boi para o seu servicio e tamén se lle botaba ás de fora desinteresadamente.
Cando una vaca estaba próxima a parir, había que estar preparado e vixiante “para que se guiara” ben. Lembro ós meus país durmir alguna noite no curral á espera da chegada da cria. Despois de parir, quentabase auga e botábaselle sal para darle de beber, tamén lembro que se lle daban unas tostas de pan torrado. Despois, se o tempo estaba de choiva, os primeiros días que saían ó monte púñaselle una manta vella ó lombo.
Cando a vaca xa se facía moi vella, non empreñaba e, polo tanto se volvía improductiva e inviable, levábase a feira e vendíase.
Con cada vaca que se vendía, despois de estar una chea de anos na casa, íbase una parte importante de vivencias e aconteceres. Ise feito que hoxe en día non ten importancia ninguna, antes era menos intrascendente.

  VacaMarela
     
  Boi
     
  Becerrinho
Istes recordos meus poderanlle dar una idea da extraordnaria importancia da vaca ás persoas que non tiveron, eu diría que, a sorte de vivir aquiles tempos.
 
1